Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reclaman alternativas para evitar a corta de 500 árbores á beira do Sarela

    BNG. A concelleira Navia Rivas presentará unha iniciativa no pleno de maio para que se adopten as medidas necesarias para evitar a corta de árbores á beira do Sarela. O pasado 6 de abril publicábase no BOP o anuncio de información pública do proxecto do colector interceptor xeral da conca alta do río Sarela en Santiago. Neste anuncio aparece a relación de bens e dereitos afectados. Nesta listaxe aparecen máis de 500 árbores afectadas, polo que se entende que van ser cortadas. “Entendemos que hai que buscar outras opcións de canalización que afecten menos as especies arbóreas e respecten o medio”, explicou a concelleira. Nese sentido, non parece moi coherente realizar unha plantación de carballos en varios puntos da cidade dentro da campaña do Carballo do Banquete de Conxo e agora neste proxecto eliminar as especies ripícolas espontáneas á beira do Sarela, engadiu. Deste xeito, Navia Rivas solicitará do Goberno local que realice as xestións oportunas co Ministerio para a Transición Ecolóxica para que nas obras deste proxecto no río Sarela se busque outra alternativa que evite a eliminación de árbores. O BNG trasladará tamén unha iniciativa para instalar códigos QR e NaviLens, para mellorar a sinalética e ofrecer información sobre o nomenclátor das rúas e roteiros destacados. eCG

    25 may 2022 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito