Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reclaman que o Racing San Lourenzo poida usar o polideportivo da USC

O BNG di que o Goberno local non renovou aínda o convenio entre o Concello e a Universidade

    Santiago. O BNG reclamará no pleno que se retome o convenio para a cesión de uso do polideportivo da USC para clubles como o Racing San Lourenzo e preguntará cal é a previsión para darlle solución ao conflito xerado pola falta de instalacións.

    O Racing San Lourenzo leva desde xaneiro de 2022 sen poder adestrar no campo poliderportivo da USC porque o Goberno local do PSOE non renovou o convenio de uso entre o Concello e a Universidade, o que está a causar un grave prexuízo para este equipo.

    Cómpre lembrar que este polideportivo foi arranxado mediante un convenio entre o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, a USC e a Federación Galega de Fútbol, que incluía a cesión de uso das instalacións para a comunidade universitaria e para clubes federados cun horario compatíbel.

    Deste xeito, o BNG trasladará unha iniciativa ao vindeiro pleno municipal para retomar este convenio, coñecer os motivos do atraso en renovalo para poder continuar coa cesión de uso estabelecida e cal é a previsión para darlle solución ao conflito xerado pola falta de instalacións que afectan, entre outros, ao Racing San Lourenzo. O Polideportivo da USC atópase no Campus Vida. ecG

    27 jun 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito