Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reclaman unha auditoría do servizo de Axuda no Fogar

PLENO. Compostela Aberta demándalle ao Goberno que

elabore unha auditoría sobre a prestación do Servizo de Axuda no Fogar, que dea conta da súa calidade e do cumprimento do actual contrato. Anunciouno onte Marta Lois, que lamentou que as traballadoras do SAF “seguen sen ver atendidas as súas demandas e sen conseguir que se respecten

os seus dereitos laborais, diante da pasividade do Goberno e da concelleira de Políticas Sociais”. Compostela Aberta levará ao Pleno unha proposición na que reclama a elaboración desa auditoría detallada, con especial atención ao cumprimento do contrato nas cláusulas relativas á organización do servizo, os recursos humanos, os medios materiais, as axudas técnicas e servizos complementarios, e a calidade do servizo. Ese estudo deberá ser posto a disposición dos grupos municipais e da representación sindical das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar. ecg

19 may 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito