Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Recursos enerxéticos nos Luns do Ateneo

CONFERENCIA O Ateneo de Santiago ofrece este luns, a las 20.00 horas, unha conferencia titulada A revolución circular: auga e residuos como inmensas fontes de recursos, que será impartida por Alberto Sánchez, director da Fundación Centro Galego de Investigacións da Auga (Cetaqua Galicia). Na charla verase como a palabra “residuo” debe ser necesariamente desbotada nun futuro próximo. Nos últimos anos e na actualidade estase avanzando con paso firme cara a un modelo de circularidade no que os residuos sólidos urbanos e industriais e as augas residuais ganaron interese como grandes e estables vectores de recursos. Xa existe tecnoloxía para converter determinados residuos en recursos enerxéticos e, máis cedo que tarde, como novas materias primas verdes para procesos xeradores de plásticos biodegradables, combustibles, proteínas e aditivos para fármacos ou cosméticos. Alberto Sánchez Sánchez é enxeñeiro químico pola Universidade de Salamancae e doutor en Enxeñería Química e Ambiental pola Universidade de Santiago, grazas á súa investigación no campo do tratamento das augas residuais urbanas e industriais. Tras o seu doutorado, incorpórase como investigador á Fundación Centro Galego de Investigacións da Auga (Cetaqua Galicia), na que actualmente exerce funcións de director. redac.

20 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito