Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rematado no CSC da Gracia o seu circuito biosaudáble

A instalacion deste espazo forma parte das obras de remodelación do centro // Membros da corporación visitaron onte o barrio

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado do concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitou onte as obras recén rematadas, de “acondicionamento do entorno do centro sociocultural da Gracia, mellora de accesibilidade no propio centro e creación dunha área de xogos e circuíto biosaudábel nas inmediacións deste”, ás que se destinaron 240.693,68 euros.

Esta actuación enmárcanse dentro do plan POS+ que desenvolve a Concellería de Medio Rural, en coordinación coa Deputación Provincial da Coruña.

Con estas obras, que tiveron un prazo de execución de tres meses, afrontouse tanto a urbanización exterior, como a reforma interior do Centro Sociocultura da Gracia, para facelo máis accesible. En concreto, reformouse e humanizouse o campo da festa, mellorando a súa pavimentación con formigón coloreado e lastros de granito, con alumeado e axardinamento, e dotándoo de bancos e dunha fonte bebedeiro. A maiores, rehabilitouse o cruceiro existente, trasladándoo á súa posición orixinal; e substituiuse o pavimento de asfalto do vial que separa a igrexa e a pista polideportiva do centro sociocultural por lastros de granito que xeran unha sensación de continuidade entre estes espazos.

Outras dúas actuacións que se levaron a cabo foron o traslado da área de xogos infantís, afectada por unha liña eléctrica aérea de media tensión, a zona sur da edificación, e a rehabilitación do seu equipamento conforme á normativa vixente. Tamén se instalouse un circuito biosaudáble na zona leste do edificio.

En canto ao interior da edificación, instaláronse tres salvaescaleiras entre cada unha das tres plantas do centro sociocultural e os aseos do soto e do primeiro andar adaptáronse á actual normativa de accesibilidade. Tamén se creou un espazo para almacén no soto.

Na visita tamén estaban presentes o concelleiro de Movilidade e Seguridade, Gonzalo Muiños; Ana Belén Saben, edil do PP; Goretti Sanmartín, portavoz do BNG local; e Rafa Peña, ex concelleiro de Compostela Aberta, ademáis de Cruz Vázquez, presidenta de Ferusa; e o presidente da AV da Gracia, Jesús Chenel.

10 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito