Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Retómase esta mañá na Alameda o reparto de plantas de verán que formaron parte dos parques e xardíns

INICIATIVA. Leva unha planta! é a iniciativa coa que o Concello de Santiago pretende dar unha segunda primavera ás plantas dos xardíns municipais de tempada de verán que, coa chegada do frío, se estragarían. No primeiro repartimento de plantas, desde a Alameda, en apenas 20 minutos distribuíronse 600. Hoxe retomarase a partir das 12.30 h e esta semana tamén se establecerá unha tarde para que aquelas persoas que non estean libres en horario de mañá, poidan pasar recoller a súa planta. A primeira xornada da campaña deixou unha longa cola na Alameda, con máis de 600 veciñas e veciños que quixeron facerse coas plantas que o Departamento de Parques e Xardíns está retirando dos parques municipais -principalmente alegrías- para proceder á plantación dos bulbos de inverno -tulipáns e narcisos-. A concelleira Mila Castro insistía en que o fundamental da campaña é “ademais de que as plantas poidan ter unha segunda vida” que “a veciñanza valore, máis aínda o traballo que fan os profesionais do Departamento de Parques para manter os espazos verdes da nosa cidade tan fermosos para o desfrute de todas e todos”. Unha iniciativa pioneira, que terá continuidade a partir de hoxe, conforme avance a retirada de plantas dos xardíns municipais. Castro destacaba, ademais do enorme poder de convocatoria que tivo a iniciativa “cunha espectación coa que non contábamos”, o impacto que está a ter a nivel mediático “xa desde o xoves, Parques e Xardíns está recibindo chamadas doutros concellos que souberon da iniciativa e queren implementala tamén”. As plantas, ao ser trasladadas de exterior a interior sufrirán certo nivel de estrés. Isto levará a que o nivel de humidade baixe e é imprescindible que se reguen de maneira óptima para que poidan sobrevivir. Ademais, se no traslado da planta rómpese algunha rama, é convinte sacarlla para evitar que podreza na maceta e se estenda ao resto da planta. ecg

14 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.