Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reunión sobre a lei para xestionar áreas industriais

EMPRESARIOS. A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) acolleu no seu centro empresarial un encontro de traballo da Federación Gallega de Parques Empresariales (Fegape) para avanzar no seu compromiso coa necesidade de que en Galicia se aprobe unha normativa autonómica específica que regule o funcionamento e a dinamización das áreas industriais da comunidade. Asistiron á reunión moitos representantes de parques empresariais de Galicia, entre eles José Manuel Beceiro, xerente da Asociación del Área Empresarial del Tambre de Santiago, Yolanda López, xerente da Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao, Alfredo Candales, xerente de Pocomaco (A Coruña), Francisco Domínguez, xerente da Asociación de Empresarios de Mos e Antonio Armesto, xerente da Asociación de Empresarios de O Ceao (Lugo). A Fegape está rematando de elaborar unha proposta que fará chegar, en breve, á Consellería de Economía, Empresa e Innovación. ECG

31 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito