Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rexeita á resposta do alcalde sobre o tema de pediatría en Galeras

PROPOSTA DO BNG. A portavoz do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, considera “absolutamente escandalosa” a resposta do alcalde de Santiago á proposta do BNG para que o Pleno reivindique que a veciñanza poida ter unha pediatra a tempo completo no centro de saúde das Galeras.

“A xustificación do alcalde sobre o número de cartillas necesarias do Sergas para asignar pediatra a tempo completo e un reparto de horario en dous concellos, de tal maneira que teña xornada de 08.00 a 10.00 no Val do Dubra e a partir das 10.30 en Santiago de Compostela, é unha vergoña para a veciñanza da capital de Galicia”, sinalou Goretti Sanmartín, engadindo que os composteláns teñen “dereito a ter unha pediatra a tempo completo e tamén para as propias profesionais, pola precarización do seu emprego e ter que andar dividindo e repartíndose entre distintos centros”, dixo.

Así, advertiu dos problemas que isto vai ocasionar en canto á conciliación laboral e familiar co que vai acontecer cando unha persoa ten un neno ou nena enfermo e ten que agardar pola pediatra.

Esa medida do Sergas que xustifica o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, constitúe un retroceso e un empeoramento da calidade deste servizo primordial para a saúde infantil.

“Ao alcalde de Santiago parece que lle interesa máis cubrirlle as costas ao Sergas, para quedar ben coa xestión sanitaria do Goberno do PP na Xunta, que non defender os dereitos da veciñanza para ter uns servizos de calidade e un horario pleno de pediatría”, concluíu a portavoz municipal do Bloque en Santiago. ecg

04 dic 2021 / 23:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito