Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rosalía Fernández Rial e Márcia, finalistas nun certame de poesía

LITERATURA. A Escola Oficial de Idiomas de Santiago acabou de fechar o proceso de votación dos poemas finalistas do certame aRi[t]mar Galiza e Portugal, onde os gañadores foron a artista multidisciplinar galega Rosalía Fernández Rial, polo poema A reflexión (Árbores no deserto, Espiral Maior, 2020), e a compositora e música portuguesa Márcia, por O verão sabe-me bem (As estradas são para ir, Editorial Planeta, 2020). As seguintes clasificadas foron Francisco Fernández Naval (Galicia) por Dixeches, e Alexandra Santos (Portugal), por As letras do teu nome e, en terceiro lugar, Arancha Nogueira (Galicia), por #love, e Samuel F. Pimenta (Portugal) con Foz. Os poemas foron escollidos por votación popular online aberta a todo o público galego e portugués e a participación superou todos os rexistros anteriores. ECG

11 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito