Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sobresaínte para os médicos residentes da área sanitaria

Os autores de cinco dos mellores traballos dun concurso de casos clínicos realizaron a súa formación en centros da comarca

A Fundación Hipocrática do Colexio de Médicos da Coruña vén de conceder os premios no concurso de casos clínicos para residentes. Dos máis de cincuenta traballos presentados realizouse unha selección dos dez máis interesantes e completos, dos que cinco corresponden a residentes que se están a formar en centros da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza.

Valorouse que os casos foran novidosos e non se presentaran previamente en ningunha reunión, congreso e/ou revista científica. Amais tiña que deixar aberta unha cuestión que a ciencia non teña revelado definitivamente ou ben un tratamento, técnica cirúrxica ou procedemento diagnóstico –invasivo ou non– novidoso.

O traballo da doutora Estefanía Fernández, médica residente de 5º ano de Ciruxía Xeral e Dixestiva, foi galardoado co 3º premio. O caso presentado foi Melanoma de Recto. Unha manifestación coloproctolóxica infrecuente.

Os outros residentes composteláns seleccionados entre os dez mellores casos son: Javier López, R3, e Santiago Soldevila, R5 de Ciruxía Plástica co traballo Amputacióntransmetartarsiana do pé. Aplicacións e técnicas do presente e do futuro; Borja Prada, R5 de Cirurxía Xeral, presentou un caso sobre Psoriase pustulosas paloma-plantar. Un efecto secundario infrecuente; Clara César, R3 de Medicina Interna, co caso Un síntoma infrecuente e inespecífico como manifestación dunha enfermidade pouco común; e José Ramón Enjo, R3 de Medicina Preventiva, sobre Pitiriases rosada de Gilbert en dous pacientes vacinados con BNT162b2. Os casos serán publicados nun libro editado polo Colexio Oficial de Médicos da provincia da Coruña e será validados a efectos curriculares.

O resultado deste premio para residentes chega no mesmo día no que comezan a formación na área sanitaria trinta residentes. Farano nos dous hospitais –no Clínico e no do Barbanza– e nos centros de saúde. Esta cifra supón un récord e representa un incremento dun 300 % en comparación coa de 2017. Deste xeito, a Área Sanitaria de Santiago e Barbanza convértese na que máis residentes ten durante este verán.

21 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito