Talentia Summit pechou cun récord de máis de 50.000 participantes
FORO. Máis de 50.000 persoas participaron en Talentia Summit ‘21 superando as importantes cifras da edición do pasado ano, cando o formato mudou a virtual por mor da pandemia. A volta á presencialidade do Foro Talentia, novas empresas cun alcance internacional, seguimento de usuarios a nivel estatal e as videoconferencias para conectar empresas e candidatos, os grandes fitos desta nova edición, indicaron dende Raxoi. Suliñan que Talentia Summit ´21 rexistrou un aumento no volume de participantes activos con respecto á pasada edición pese a que o listón estivese xa alto. Tras prolongar a súa duración ata as dúas semanas de actividade, e agregar moitas novidades á Feira virtual do talento, “foron máis de 50.000 persoas usuarias as que participaron activamente nesta edición”, apuntaron. REDAC.