Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Taller de emprego para rexenerar o Monte Viso

medioambente. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado Lago, e polo enxeñeiro xefe da Área de conservación e explotación de estradas da Coruña, Eduardo Toba, visitou o obradoiro de emprego dual CREAS II, co que se está a realizar unha intervención de mellora medioambiental para a rexeneración do Monte Viso. Nesta actuación “absolutamente extraordinaria”, en palabras do alcalde, acondicionáronse unhas 50 hectáreas, “das que algo máis da metade son privadas, outra parte achegada pola demarcación de carreteras, e outra é municipal procedente dunha mina expropiada no século XIX” e, engadiu, o Obradoiro “fíxose a través dun programa da Consellería de Emprego”, polo que a colaboración foi “fundamental” para a posta en marcha de proxecto. Pola súa banda, Zeltia Lado agradeceu tamen a implicación de todas as administracións e puxo en valor este tipo de accións que “fomentan a formación e buscan xerar emprego de calidade”. Este obradoiro dá continuidade aos que permitiron recuperar as ribeiras do Sar e do Sarela e a conexión con San Lázaro. Sánchez Bugallo espera continuar con estes proxectos porque “estamos traballando no obxectivo de facer dúas grandes rutas perimetrais ”, unha de 50 quilómetros e outra de 15. ecg

31 oct 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito