Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

...Cando poetas de fóra de Galicia compartiron a súa experiencia tras publicar en lingua galega

Os poetas alófonos son aqueles que escriben nun idioma que non lles é propio. En 1993, un congreso reuniu en Compostela a aqueles que, sendo doutras partes de España e incluso estranxeiros, facían poemas en galego. Celebrouse entre o 1 e o 17 de abril na Facultade de Filoloxía. Según recorda un dos organizadores, o expresidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, a data elixiuse en conmemoración do nacemento de Carles Riva, un poeta catalán que traduciu á súa lingua A Odisea. El, tras namorar dunha filla de galegos, aprendeu o idioma para escribirlle poemas. O mesmo fixo o argentino Eduardo Jorge Bosco, quen asistiu ao Congreso, e que era moi admirador de Federico García Lorca. O granadino Lorca foi, precisamente, o que abriu a veda ao escribir Seis poemas galegos. Nesa cita tamén estivo a estadounidense Anne Marie Morris, que descubriu o galego gracias ao seu amigo escritor El Rubio Barcia. Para Morris, o galego era a lingua da poesía. Desa cita saíu un libro, unha antoloxía, do mesmo nome que o Congreso.

18 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito