El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago » Te acuerdas de

¿TE ACUERDAS DE...?

...Cando un grupo de compañeiros de instituto formaron en Compostela a banda Os Rumorosos

Compoñentes do grupo musical Os Rumorosos, a comezos dos anos noventa en Compostela.  - FOTO: ECG
Compoñentes do grupo musical Os Rumorosos, a comezos dos anos noventa en Compostela. - FOTO: ECG

03.03.2019 
A- A+

Os Rumorosos foi unha banda efímera que se formou en Compostela a principio dos anos 90. Estaba formada por un grupo de amigos e compañeiros de instituto: Marcos, Dani, Naño, Xacobe, Arantza e Carmen, coa colaboración de Carlos Cobas (actual presidente de Mestrelab Research) e mais eu (os maiores do grupo e que tiñamos amizade con algún dos outros membros), segundo explica Francisco Díaz Fierros. "A todos nos unía a misma paixón: a música. A primeria actuación foi no instituto Xelmírez I e pouco despois actuaríamos na Sala Nasa de Compostela. Aquela época (os meus anos universitarios) eran os 90 do grunge, a música indie e en Santiago aparecera a academia Estudio Escola (a primeria da cidade que eu recordo adicada a estilos musicais modernos como o jazz, rock, pop...)".