El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago » Te acuerdas de

El TESTIMONIO

Unha aposta valente, vangardista e respectuosa

Luís Celeiro, Xornalista

Luís Celeiro
Luís Celeiro

REDACCIÓN  | 07.10.2018 
A- A+

En 1991 chegou o Pelegrín e foi polo mundo, por diversos países dos cinco continentes, marcando en Galicia o final dun Camiño, do Camiño de Santiago que sería, en pouco tempo, Patrimonio Mundial. Luis Carballo foi o seu creador e o conselleiro Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, o seu promotor. Na presentación desta exposición, os dous destacaron a fermosura das súas cores e a sinxeleza dos seus trazos, co presentimento de que "pronto sería un símbolo de Galicia" e do Camiño de Santiago. Así foi. O Pelegrín era outra cousa, rompía claramente a liña iconográfica da época, engarzaba a tradición xacobea coa modernidade do deseño. Era unha aposta valente e vangardista, pero moi respectuosa coa indumentaria dos peregrinos medievais.