Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Última semana para visitar a homenaxe a Berta Cáccamo: ‘Papeis’

Santiago. Ata o vindeiro sábado 30 de xaneiro está aberta ao público Papeis 1988-2018, a mostra homenaxe á pintora abstracta Berta Cáccamo. Comisariada por Juan de Nieves, parte do seu legado está exposto na compostelá Galería Trinta, en Virxe da Cerca.

Este percorrido pola súa obra en papel –un itinerario de trinta anos de pensamento e produción– sitúa a Berta Cáccamo –en Galicia e no estado español– como unha das artistas máis singulares do seu momento, radicalmente independente e en constante proceso de aprendizaxe e experimentación. As diferentes etapas da súa produción artística, que a galería Trinta presentou durante vintecinco anos, testemuñan un exercicio de rigor e coherencia co tempo que lle tocou vivir.

Ademais das obras, a mostra acompáñase dun único relato documental que se nutre con materiais do arquivo da artista e da galería: notas e reflexións de carácter estético e procesual, fotografías, cartas, rexistros das exposicións nas que participou a artista ou textos seleccionados da prensa e outras publicacións. Conta tamén cunha vitrina dedicada a unha selección de libros de Cáccamo, unha práctica que produciu incansabelmente ao longo de toda a súa vida. ECG

24 ene 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito