Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Última xornada ‘online’ da Maker Faire Galicia

SEXTA EDICIÓN. A 6º edición da Maker Faire Galicia, que se celebrou en formato online, clausurase na xornada de hoxe. Durante a feira, na que colabora o Concello de Santiago, trataranse temas como aeronáutica, automoción, alimentación, enerxía, saúde, economía circular, educación e innovación social. Dende o pasado mércores o público tivo a oportunidade de interactuar con makers de todas as idades que ensinaron os seus proxectos a través da plataforma online que foi desenvolvida para este evento. Esta plataforma, de acceso totalmente gratuíto mediante rexistro, funciona de modo similar a Google Street View, polo que os asistentes puideron circular polo Museo Gaiás, contemplar os proxectos e facer preguntas en directo aos makers. Tamén participaron en talleres ou asistiron a charlas e mesas redondas con referentes nacionais e internacionais. Durante esta edición tratáronse temas moi variados e entre os participantes estiveron Yannick Roy, co-fundador e director da comunidade máis grande do mundo de neurotecnoloxía (NeuroTchX); Sofía Belenguer, co-creadora e CEO da app que axuda a levar unha dieta saudable baseada en comida real (MyRealFood); Maitane Alonso que sorprendeu á NASA coa súa máquina de conservación de alimentos; ou Antón Vázquez de Alén Space, a empresa galega dedicada ao deseño e construción de satélites dixitais.

22 nov 2020 / 00:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito