Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Últimas prazas para os obradoiros de conciliación en escolas infantís

Santiago. As familias interesadas aínda están a tempo de solicitar unha praza nos obradoiros de conciliación das escolas infantís de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños. Un ano máis, o Concello de Santiago pon en marcha esta actividade dirixida a nenos entre os 3 e os 8 anos cuxo obxectivo é axudar ás familias a conciliar a vida laboral e persoal nos períodos non lectivos e extraescolares. Ademais, desde o pasado mes de setembro os solicitantes poden beneficiarse da importante redución das tarifas municipais.

Os destinatarios son os nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago, ou que, sen estar empadroados cursen os seus estudos en centros de educación infantil e primaria en Compostela, con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos, é dicir, 2º ciclo de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria.

A cativada inscrita poderá asistir aos obradoiros ao longo de todo o curso escolar (de setembro a xuño) entre as 16.00 e as 20.00 horas con opcións de ampliación de horario. Ademais tamén contarán con esta opción en días soltos e durante as vacacións escolares (primeiros días de setembro, Nadal, Entroido, Semana Santa e últimos días de xuño). As prazas de obradoiros en vacacións escolares que non se cubran cos nenos matriculados nos obradoiros do curso escolar serán ofertadas e cubertas por rigoroso orde de inscrición.

O número total de prazas ofertadas na convocatoria é de 45, 15 por cada unha das escolas infantís: Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños. As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica do Concello de Santiago (trámite “inscrición nos obradoiros das escolas infantís municipais”, solicitude ED003) ou de xeito presencial no Rexistro xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.A Xunta de Goberno Local aprobou os novos prezos públicos para o servizo de obradoiros nas Escolas Infantís Municipais que supón unha importante redución do seu custo. ecg

24 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito