Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 23 enero 2022
02:10
h

Últimos días para visitar a mostra ‘El mejor trabajo del mundo’, de Cristina Garrido

FUNDACIÓN DIDAC. Mañá, 15 de xaneiro, será o último día para visitar a exposición El mejor trabajo del mundo, proxecto site-specific de Cristina Garrido na Fundación DIDAC. Con este traballo, converte o espazo expositivo nunha sorte de escenario que desenvolve as historias e reflexións de oito personaxes. Estas historias proveñen dunha serie de conversas mantidas ao longo do último ano con creadores e creadoras que formaron parte do circuíto artístico contemporáneo ata que, por diversos motivos, decidiron ou se viron obrigados a abandonar a súa actividade. A mostra evidencia unha cuestión habitualmente invisibilizada tanto pola crítica como polos medios de comunicación e a historiografía oficial: as relacións entre éxito e creación e as complexas armazóns que engloban o mundo profesional do sector. REDAC.

14 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito