Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 22 enero 2022
01:24
h

Verea critica o afán recadador do PSOE

O deputado do PP afirma que o último exemplo é o multamóbil // Marta González sinala que Madrid non atendeu ningunha das enmendas do seu grupo

Borja Verea, presidente dos populares composteláns e deputado autónomico, indicou que estase a confirmar que “subir os impostos sen pensar nas familias é a maneira de xestionar do Partido Socialista de Pedro Sánchez e Xosé Sánchez Bugallo”. “Prometeron baixar o prezo da electricidade e hoxe é o máis alto da historia; e en Santiago só están pensando en recadar por todas as vías, agora outra vez coas multas, có exemplo dos multamóbiles”, afirmou Verea, antes de engadir que dende o PP xestionan doutro xeito, “con eficiencia e pensando nas familias”.

“E demostrámolo con feitos concretos, como a baixada do IRPF e do ITP que acabamos de aprobar ou presentando en Santiago unha proposta de baixada dos impostos municipais, comezando polo IBI, xa que os cartos teñen que estar nos petos das familias, que son as que o están pasar mal e non nas contas de Raxoi”, salientou o presidente do PP compostelán. Por outra banda, referiuse “o dobre engano á cidade de Santiago” por parte do PSOE, “o primeiro cando Pedro Sánchez e Sánchez Bugallo prometeron 30 millóns ao ano para o Real Padroado, e agora, cando “despois de dicir tanto o alcalde como o delegado do Goberno que ían corrixir esta situación e financiarían o Consorcio en vía de enmendas, acabamos de coñecer que manteñen o engano, cero euros, despois de desembarcar en Santiago cinco ministros e toda a propaganda”. “Xogaron coa cidade, cos veciños e puxeron en risco unha institución tan querida como o Real Padroado”, engadiu Verea.

Na mesma liña, Marta González, deputada no Congreso dos Deputados, amosou a súa “decepción polo feito de que o Goberno non ten atendido nin unha soa das enmendas que presentou o Grupo Parlamentario Popular”. Neste senso, destacou que presentaron esas enmendas co “obxectivo de aproveitar o acontecemento do dobre Xacobeo e relanzar economicamente a cidades despois da covid”.

04 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito