Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 29 septiembre 2022
05:01
h

Verea cuestiona a reacción do Concello na crise da vertedura no Tambre

Para o deputado popular, o máis preocupante é que “se o venres se pecha a planta e o sábado xa hai restricións a pregunta que nos facemos é se Santiago non ten nin 24 horas de reserva de auga potable?”

SANTIAGO. Borja Verea, presidente dos populares composteláns, denunciou esta mañá a falta de reacción do concello de Santiago na criste do vertido nas augas compostelás. Verea afirmou que “o problema do vertido é un problema dobre”, por un lado está o que pasou na explotación gandeira a 10 km de Santiago, que, segundo o deputado popular, “estase a investigar e haberá as sancións correspondentes e tamén as medidas correctoras pertinentes”. E por outra banda está o que é o subministro da auga en Santiago e, engadiu, saber “se se fixo todo o que se podía e se estabamos preparados para un accidente coma este”. Para o presidente dos populares “se seguimos a cronoloxía dos feitos, xurden moitas dúbidas, xa que o xoves pola tarde prodúcese a vertedura na explotación gandeira, o venres de madrugada é cando se pecha a planta porque non ten xa capacidade de depurar ou potabilizar a auga, e é o sábado cando se avisa das restricións”. E salientou que “aquí é onde xurden as preguntas: que pasou entre ese día e medio, entre ese xoves e ese venres que a vertedura estaba polo río, saber ademais se se puido advertir á poboación, evitar que chegase nesas condicións”. Cuestións que, apuntou Verea, están aí e “quizáis a máis preocupante é que, se o venres se pecha a planta e o sábado xa hai restricións, realmente Santiago non ten nin 24 horas de reserva de auga potable? Se é así, a preocupación multiplícase”, sentenciou.

OBRAS NOS CONCHEIROS

Preguntado polos constantes retrasos da obra de Concheiros, Verea calificouna de “crónica dun despropósito”, xa que “levamos falando deste tema desde hai un ano e é importante lembrar que é a única obra de certa envergadura que é responsabilidade do concello”, sen deixar pasar que levamos xa máis de media lexislatura. “Isto é un exemplo de mala xestión desde o primeiro día”, engadiu o deputado popular, ”unha falta de interlocución cos veciños, cos comerciantes e coas asociacións, xa non só no deseño senón tamén nas propias molestias que se ían ir xerando, os retrasos que estamos vendo, os aprazamentos, imprevistos”. Nese mesmo senso recoñeceu que “todas as obras xeran molestias, poden ter retrasos, imprevistos, pero realmente o que desespera aos veciños son eses meses, esas semanas, onde nin había operarios, nin obreiros, nin máquinas funcionando, e polo tanto unha falta de xestión e de estar enriba da obra”.

Cargando reproductor ...
13 sep 2021 / 20:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.