Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 01 octubre 2022
19:10
h

Verea propón unha Área de familia que axude a conciliar

Anunciouno nunha charla de ‘SoñarSantiago’ // Tamén destacou coma medida prioritaria unha nova Rede Pública de Cociñas Escolares

Esta semana volveron á sede popular as charlas #SoñarSantiago, un ciclo de conferencias no que cada día tratarán un asunto de especial relevancia para os veciños da cidade.

Nesta segunda charla, titulada “O futuro das familias en Santiago: Obxectivo Conciliación”, Borja Verea, candidato á Alcaldía de Santiago polo PP, estivo acompañado de Xesús Vilas, director do Centro Xuvenil Don Bosco, e por Borja Rubio, presidente da ANPA CEIP Lamas de Abade. Borja Verea apuntou que “as políticas de familia e conciliación van ser unha prioridade no meu goberno a partir de 2023 coa creación dunha Área de Familia que dependerá directamente da Alcaldía e que disporá de todos os medios humanos e materiais necesarios”. “Quero construír unha Compostela pensada para as familias, un Santiago no que poidamos confiar, máis humano e máis sensible”, salientou Verea, “esta Area de Familia será a responsable de poñer en marcha as políticas de conciliación necesarias para conseguir que a nosa cidade sexa un referente neste século XXI”.

Así, destacou que “é necesario un servizo de madrugadores universal e eficiente que dea tranquilidade aos pais nas primeiras hora do día” e “como medida prioritaria poremos en marcha no primeiro ano de mandato dunha Rede Pública de Cociñas Escolares a través de cociñas nos centros e acordos coas prazas e comercios de proximidade composteláns, onde a calidade e a cercanía convirtan a esta nova Rede nun gran proxecto de cidade onde participemos todos”.

Asemade anunciou que porá en marcha un “Plan global de necesidades de Escolas Infantís, despois de que grazas ao PP todas as garderías sexan gratuitas en Santiago, agora o que toca e que todos os nenos e nenas que o necesiten teñan a súa escola infantil” e tamén “ensaiar a posibilidade de horarios nocturnos para pais con quendas de traballo non habituais”. O director do Centro Xuvenil Don Bosco, Xesús Vilas, destacou que para levar a cabo un bo plan de conciliación “fai falla que os recursos estean coordinados e haxa un consenso entre todos os axentes coordinados, algo que agora mesmo non sucede”. Ademais pediu que se volva poñer en valor a rede de centro socioculturais “porque hoxe en día hai un déficit en xestión e o cidadán debería volver ter o protagonismo de hai anos nestes centros”.

23 sep 2022 / 21:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito