Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Viaxe en óleo por Galicia

Santiago. A Asociación Área Empresarial do Tambre acolle desde hoxe unha exposición de pintura da artista caldense Ana Fariña Potel. A mostra Uno de varios estará aberta ao público ata o 16 de xullo na sala de exposicións do Centro Empresarial do Tambre de Santiago en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. A exposición, a primeira individual coa que chega a Santiago, está composta dunhas 25-30 obras que abarcan distintas épocas creativas da artista, aínda que relativamente recentes. O estilo da súa pintura é realista, pero con certo toque de impresionismo, aínda que a artista prefire non delimitarse a ningún estilo concreto.

Fariña Potel crea nesta mostra obras en óleo sobre tea, utilizando tamén acrílico sobre tea, ambas técnicas que a artista considera que unha vez acabada a obra “pouco defire unha da outra en canto a textura”, dependendo de como se usen os materiais. A temática é bastante diferente ás reflectidas en mostras anteriores. Neste momento recrea paisaxes urbanas e rurais e algo de figura. Ana Fariña representa o seu sistema de traballo, que inconscientemente soe repetir sempre. “Realmente cando pinto non penso no que podo transmitir, pinto para min, pero sempre é unha satisfacción que lle guste aos demais”, conclúe a autora. A Asociación recomenda ás persoas interesadas en visitar a mostra reservar a súa hora de visita. ECG

21 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.