Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 24 noviembre 2020
01:04
h

Video para promocionar Compostela en Negro nos centros sociais do rural

    Presentación. A concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, presentou o vídeo que se difundirá nos centros socioculturais do rural, e a través das redes sociais, no marco da campaña “Compostela en negro”, con motivo do 25 de novembro. Xunto á peza audiovisual, protagonizada por homes, vanse difundir en redes distintas frases e reflexións sacadas das entrevistas, como Vou cambiar, Eu tamén fago autocrítica, ou Non axudo. Fágoo. Na presentación tamén estiveron presentes Cruz Dafonte, coordinadora da campaña nos Centros socioculturais do Rural; e a técnica do Concello, María Pose. Segundo explicou Rosón, un “dos obxectivos dos vídeos é mostrar a realidade actual en materia de igualdade, e de coidados; polo que, por primeira vez, as entrevistas se realizaron a homes, un factor que críamos necesario para poder mudar a situación e desencadear unha reflexión mais profunda”. ECG

    22 nov 2020 / 00:45
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito