Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Visitas virtuais ao centro empresarial do Tambre de alumnos de Secundaria

EMPRENDEMENTO. A Asociación Área Empresarial do Tambre organiza este mes de abril tres visitas virtuais no marco da colaboración anual co Plan de Emprendemento no sistema educativo de Galicia da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Esta colaboración, en marcha desde 2014, estableceuse a través do programa Atrévete a ter unha idea, destinado a fomentar o emprendemento entre os escolares de Educación Primaria e Secundaria. As primeiras accións deste curso escolar 2020-2021 serán visitas virtuais ao Centro Empresarial do Tambre, onde o alumnado participante asistirá a unha charla para coñecer a área empresarial, o seu funcionamento e as empresas que a conforman. A continuación, empresarios do parque empresarial ofrecerán un relatorio sobre a súa empresa. A primeira xornada será hoxe. REDac.

16 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito