Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xabier Díaz despeza o seu novo disco en solitario no auditorio Abanca o domingo

CONCERTO. Que Xabier Díaz é un dos grandes músicos do panorama actual en Galicia é indiscutible, pero á súa impecable traxectoria xunto Adufeiras de Salitre únese agora un novo traballo en solitario, Levantarse e Caer, un disco no que o artista reflexiona sobre a necesidade de cambiar o paradigma do éxito e a construción dunha sociedade individual e colectivamente máis xusta e solidaria. O proxecto discográfico recolle 10 temas que navegan entre o son tradicional galego, a música melódica e os arrolos. O primeiro single do disco, Levantarse e Caer, vía a luz o pasado mes de marzo e pasaba inmediatamente a coarse entre os temas en galego máis escoitados en todas as plataformas. Tras el chegaba María e a Curuxa, un arrolo de patrón suave e doce, que permitía atisbar un pouco máis o particular universo de Díaz. A presentación deste novo traballo en solitario vén acompañada dunha pequena xira de presentación do mesmo, que chega este domingo a Santiago, cun concerto moi especial que terá lugar no Auditorio Abanca, ás 19.00 horas, e cuxas entradas están xa á venda na web de Ataquilla, dende 14 euros. Levantarse e Caer é un traballo honesto no que Xabier Díaz explora os recordos da infancia, a perspectiva adulta do éxito e a necesidade de querer e querernos máis e mellor como unha forma de sandar as feridas e construír unha realidade máis amable. ecg

19 may 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito