Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Xoias do ceo’ e do sistema solar impactan na nova exposición de fotografía astronómica documentada

mostra. A Lúa, o Sol, os planetas pódese contemplar agora dende unha mirada máis cercana coa nova exposición de fotografía documentada Xoias do ceo. Esta mostra promovida polo Oarma reúne imaxes en alta resolución do sistema solar e do ceo profundo acompañadas do comentario científico elaborado no Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, por José Ángel Docobo, o xestor da exposición; Pedro Pablo Campo Díaz e Xabier Pérez Couto, que tamén son responsables da preparación de información e textos adicionais, como o texto introductorio, outro sobre os inicios da fotografía aplicada á astronomía, e un resumo das técnicas utilizadas na captura das distintas imaxes astronómicas.

Esta marabillosa exposición que se inagura hoxe ás 13.00 horas e contará coas intervencións da vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, e de José Ángel Docobo como director do Oarma, permancerá aberta ata o 20 de xaneiro do vindeiro ano e pódese visitar de luns a venres de 11 a 14h e de 17 a 20.30 horas no Claustro Alto do Colexio de Fonseca.

O PROFESIONAL E O AMATEUR. Xoias do ceo reúne imaxes en alta resolución do Sol, a Lúa, os planetas Marte, Xúpiter e Saturno, e o cometa Leonard. A estas dez fotografías realizadas por Salvador Ortega Saura súmanse outras 28 instantáneas feitas por Francisco Javier Cerdán Nuñez que retratan estrelas múltiples, cúmulos estelares, nebulosas pertencentes á Vía Láctea, unha vista parcial da nosa galaxia e imaxes doutras cinco diferentes. A exposición, en palabras do profesor Docobo, “é un claro exemplo de colaboración da astronomía profesional coa amateur” e demostra que “a pesar de que hoxe en día os telescopios espaciais nos marabillan con fotos espectaculares, non é menos certo que aínda dende lugares ben escuros da Terra todavía poden obterse fotos de grande calidade e alta resolución coma as que poden contemplarse nesta bonita exposición que, sen dúbida, ten un alto interese tanto didáctico como informativo”. s.g.

01 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.