Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xornada divulgativa en Cervantes para informar sobre o cancro de próstata

Organizada por AECC, contará coa presenza de varios doutores de alto nivel do CHUS

Santiago. A Asociación Española Contra o Cancro organiza mañá unha xornada divulgativa sobre o cancro de próstata en Santiago.

O cancro de próstata é un dos máis diagnosticados, con preto dun milleiro de novos casos ao ano en Galicia, polo que iniciativas como estas son clave para facilitar recursos aos pacientes e mellorar a súa calidade de vida. O obxectivo da xornada é informar sobre a importancia da detección precoz e os coidados neste tipo de cancro, e está dirixida tanto a pacientes e familiares, como á poboación xeral.

O encontro contará coa participación de diversos referentes médicos do Centro Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), que tratarán diferentes aspectos da enfermidade, como son o doutor Antonio Gómez Caamaño, xefe do Servizo de Oncoloxía Radioterápica, o doutor Urbano Anido, oncólogo médico, e o doutor Jorge Rey, urólogo. Pola súa parte, o psicólogo Marcos Calvo, da Asociación Española Contra o Cancro na cidade compostelá, tratará aspectos comunicativos e emocionais que son habituais á hora de enfrontarse a un diagnóstico. Ademais, moderará a sesión María José Menor, subdirectora de Humanización e Atención ao cidadán do CHUS.

A cita terá lugar pola tarde, ás 17:00 horas, na Fundación ABANCA (Praza de Cervantes). Trátase dunha actividade gratuíta na que é necesaria a inscrición previa, que pode realizarse na Asociación Española Contra o Cancro en Santiago (teléfono 981 576 479 ou correo electrónico santiago.compostela@contraelcancer.es), así coma no Servizo de Oncoloxía Radioterápica do CHUS (Planta -3).

A actividade conta, ademais, co patrocinio de Janssen e coa colaboración da Fundación Abanca. V.álvarez

22 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito