Entrevista | Alfonso Rueda Presidente de la Xunta de Galicia
“Nova maneira de mirar a realidade”

El presidente de la Xunta de Galicia, Alfonso Rueda / Jesús Prieto
Redacción
“Boas noites a todos a todas, hai moitísimas autoridades hoxe aquí dignificando e recoñecendo un enorme esforzo que eu quero escenificar en duas persoas que apostaron por Galicia hai moito tempo e seguen apostando, eu quero agradecer públicamente a Javier Moll e Arantza Sarasola, que decidiron nun momento crucial onde había que pensar se valía a pena seguir mollándose aquí, seguir facendo algo tan complicado como é poñer en marcha, enarbolar ou permitir que non caia un medio de comunicación tan senlleiro, tan importante, como era El Correo Gallego aquí en Santiago de Compostela, e o fixeron; probablemente o máis sinxelo era deixalo pasar, pensar que xa estaban facendo un labor importante aquí en Galicia e polo tanto niso tiñan que centrarse e que era moito máis o risco que a posibilidade de triunfar e non o fixeron. ... Eu agradezo un montón que pensaran que valía a pena, moitísimas gracias a Javier Moll e Arantza Sarasola por pensar que vale a pena apostar por Galicia.
E estes vídeos que estabamos vendo, que transmiten optimismo, eu creo que é moi importante sempre, pero máis nestes momentos, pensar que o optimismo é no que hai que basearse, o optimismo realista é certo, pero pensar o que se está facendo ben, entre todo o mundo. ... Ao final o esforzo colectivo, con maior ou menor contribución, con maior ou menor fortuna, é o esforzo de todos. Estes vídeos reflectían todo iso, e tamén os problemas aos que nos enfrontamos, os retos, son unha boa mostra da imaxe que se quere transmitir, esa aposta mediática que empezou hai uns meses e que creo sinceramente que vai ben e estes premios Gallegos del Año 2023 de El Correo Gallego son mostra de esa imaxen, esa nova maneira de mirar a realidade que sempre tivemos por diante. Quen levara moito tempo, porque xa son moitos anos de historia de El Correo Gallego, se alguén tivera o privilexio imposible de ollar esto desde o ano 1878, 145 anos despois, estou seguro que mantería o mesmo desexo de ser fiel ós lectores que inspirou ós que empezaron con esta aventura hai tantísimos anos.
Sabería tamén que en Compostela danse a man a tradición, que representa todo o noso patrimonio histórico –“o máis bonito de todo o mundo”, dicía Javier Moll–, con esa arquitectura innovadora, por exemplo neste edificio no que estamos. Tamén sabería que contamos cunha robusta sociedade civil, aquí representada. Unha sociedade que entende que un dos seus dereitos e deberes é louvar e honrar o traballo dos seus representantes máis destacados.
Hai galegos e galegas que levan a Marca Galicia máis alá das nosas fronteiras en sectores moi diversos, nos que algúns se sorprenden de que haxa a potencia de Galicia mostrándose aquí, pero tamén no exterior.
Creo que todos coñecemos e recoñecemos os méritos das persoas que hoxe foron premiadas. Está representada a Galicia rural, “a Galicia que dá traballo”, como dixo Carmen Lence. Esa Galicia potente que admiramos que é capaz de coller o mellor de todos nós e exportalo fóra das nosas fronteiras.
Todos nos sentimos orgullosos dese cirurxián galego e universal, hoxe estaba en Bucarest e outros días en moitos máis sitios, facendo operacións que moi pouca xente ou ninguén máis ca el se atreve a facer. Facéndoas ben, en quirófanos de última xeración e en lugares moi complicados onde só os máis valentes se atreven a exercer o seu oficio. ...
Grazas tamén a Teresa Abelleira, a selección feminina de fútbol fíxonos sentir moi orgullosos, tanto dentro como fóra do campo, cunha pontevedresa –coma min– representándonos a todos os galegos e a toda esa potencia feminina que tanto ten que facer todavía no noso deporte. ...
Por suposto, a Yolanda Castaño, a quen tiven a honra de entregarlle o premio esta noite e tamén de felicitala no seu último galardón, o Nacional de Poesía. Creo que é auténtico orgullo que unha muller que demostrou moitisimas cousas, teña todavía tantísimo campo por demostrar, por amosarnos que a boa literatura sempre é un motivo de satisfacción e de orgullo.
Por suposto, moitas gracias a Felipe Criado, esa investigación que todos os políticos dicimos que hai que apoiar pero despois hai que demostralo con feitos, esa investigación que move sociedades, que move o mundo e que cando un bota a vista atrás na historia dáse conta de que se non houbera personas que se dedicaran a innovar, a investigar, a ser valentes, a descubrir cousas que despois o resto temos que entender, probablemente o mundo estaría moito máis atrasado.
Polo tanto, señores e señoras, creo que ese visitante imaxinario que dicía ao principio podemos convidalo hoxe en directo a presenciar como a Galicia de hoxe é unha Galicia que mostra unha forza extraordinaria, insisto, gracias a todos os que formamos parte desta terra, sexa cal sexa a ideoloxía, os plantexamentos, insisto en que todo o mundo aquí quere acertar, e todo o mundo quere o ben colectivo e o ben que a todos nos empuxa. Aquí hai emprendemento, brilla a investigación, destacamos no deporte, defendemos o patrimonio común, e contamos con moitas persoas das que nos enorgullecemos, por suposto, as que hoxe son premiadas e moitas outras que ou foron en versións anteriores ou serán no futuro ou cecais non o sexan nunca pero que o merecen tanto como os que hoxe temos a honra de reconocer.
Hai que seguir esforzándose por derrubar muros, en Galicia non ten que haber muros, todo o contrario, ten que haber comunicación, cada vez máis intensa, temos que conseguir que toda a potencia que somos capaces de demostrar cada día se demostre con máis forza. E demostrar que a pluraridade debe ser defendida e fomentada, nunca ocultada nin esquecida, aquí nin muros nin privilexios, senón traballo en común, espacio en común e desexo en común de aportar a Galicia o mellor de todos nós. ...
Galicia fíxose paso a paso e como dicía coa aportación de todos e todas, de galegos coñecidos como os de hoxe, e galegos anónimos que deixaron a súa pegada e os que teñen que vir. Ese galeguismo amplio sobre o que todos descansamos hoxe, esa identidade tan potente, tan forte que nos fai a todos enorgullecernos ao final baséase en persoas como as que hoxe recoñecemos, polo tanto moitísimas gracias a El Correo Gallego, gracias ao grupo Prensa Ibérica, como dicía ó principio por apostar por Galicia, e gracias a Javier Moll e Arantza Sarasola por pensar que todo esto vale moitísimo a pena.
Dicía Javier Moll que quería facer de El Correo Gallego un medio que busca chegar antes, chegar mellor e chegar máis lonxe. Non se me ocurre mellor propósito para Galicia e polo tanto Javier Moll conta con todos nós para conseguir ese obxectivo entre todos. Moitísimas gracias.”
- 100 años y una vida dedicada a la Iglesia: la historia de Ricardo Bello
- Así será el nuevo edificio que transformará esta zona de Santiago: 18 viviendas, locales comerciales y una fachada acristalada
- El 40% de las comunidades de vecinos gallegas registró solicitudes para prohibir los pisos turísticos
- El arzobispo de Santiago nombra a Roberto Martínez Díaz nuevo rector del Seminario Menor
- Media Galicia en alerta roja por calor mientras en este rincón sacan el paraguas: van más de 14 litros de lluvia acumulada este sábado
- Muere Manuel Lata Montoiro, fundador de la distribuidora industrial Comercial M. Lata de Santiago
- Últimas semanas para disfrutar de este parque acuático a dos horas de Santiago: 17 toboganes y una piscina panorámica para escapar del calor
- Las colas para entrar a la Catedral de Santiago llegan hasta el Casino: "Llevamos dos horas esperando"