O cupón diario da ONCE celebra o 40 aniversario da Televisión de Galicia
O sorteo será o próximo 22 de xullo | Cinco millóns de exemplares levan desde este xoves, por toda España, a imaxe da canle pública galega

O delegado da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, a la izquierda, fixo entrega do cupón a Alejandro López, subdirector dos servizos informativos, e a Marta Fernández, xefa de Comunicación Corporativa e Responsabilidade Social da CSAG. / Cedida
O 40 aniversario da Televisión de Galicia protagonizará o cupón da ONCE do vindeiro martes, 22 de xullo. Cinco millóns de cupóns levan desde este xoves e por toda España a imaxe da canle pública galega. Xusto a vindeira semana cúmprense 40 anos das primeiras emisións da Televisión de Galicia.
O delegado da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, fixo entrega a Alejandro López, subdirector dos servizos informativos da canle, e a Marta Fernández, xefa de Comunicación Corporativa e Responsabilidade Social da Corporación, dun cupón simbólico nun acto celebrado este 17 de xullo.
Con esta acción, a Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia quere remarcar o 40 aniversario da canle difundindo esta celebración en todo o territorio nacional da man da ONCE, entidade que traballa pola autonomía e inclusión das persoas cegas e con discapacidade visual. A ONCE conta con 20.600 vendedores en toda España, dos que 835 están en Galicia e todos eles teñen desde hoxe o boleto coa imaxe da TVG.
Televisión de Galicia empezou as súas emisións regulares o 24 de xullo de 1985, desde as instalacións de San Marcos en Santiago de Compostela. Os medios públicos galegos retransmiten as 24 horas do día, 365 días ao ano e contan con oito canles, catro de televisión, dúas en TDT e outras dúas vía satélite para América e Europa. Os outros catro son de radio: Radio Galega, Radio Galega Música, Son Galicia Radio e Radio Picariña. 2024 foi o ano de creación das tres plataformas dixitais da Corporación: AGalega.gal, AGalegaAudio.gal e Xabarin.gal, especializada en público infantil. As tres conforman a maior oferta audiovisual de contidos en galego, sen custo para o usuario, e cumpren o obxectivo de multiplicar o impacto da programación de Televisión de Galicia e facer accesibles os seus contidos baixo demanda, alí onde estea a audiencia en calquera lugar do mundo.
O cupón da ONCE
O Cupón Diario da ONCE pon en xogo un premio de 500.000 euros ao número, máis a serie e 49 premios de 35.000 euros ás cinco cifras do número premiado. Ademais, 450 premios de 250 euros ás catro primeiras cifras e outros 450 premios ás catro últimas; 9.000 premios de 25 euros no caso de tres últimas ou tres primeiras; e o mesmo para as dúas primeiras e últimas (6 euros) e reintegro de 2 euros á primeira ou á última cifra do número premiado.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: "Me han enterrado a un amigo dos veces"
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Tres restaurantes con alma compostelana, entre las mejores aperturas de España