O Conector Central de Compostela focaliza o interese dos arquitectos
O COAG acolleu unha presentación para profesionais do concurso internacional de ideas para a transformación urbana da capital de Galicia no que participou o concelleiro Iago Lestegás

A alcaldesa e varios concelleiros, con participantes no encontro.
O concurso de ideas para a transformación do Conector Central de Santiago, que xa está publicado na Plataforma de Contratos do Estado e no Diario Oficial da Unión Europea, suscitou grande interese entre as profesionais que acudiron onte a un encontro celebrado na sede compostelá do Colexio Oficial de Arquitectura de Galicia (COAG).
O concurso desenvólvese en dúas fases e conta cun orzamento de 170.000 euros (+ IVE). Abrangue un ámbito de máis de 45.000 m2 desde o Campo de San Clemente ata Santa Clara a través da cidade histórica Patrimonio da Humanidade incluíndo nodos moi importantes como a praza de Galicia ou a porta do Camiño.
Ademais, o concurso é coherente cos criterios establecidos en tres documentos estratéxicos municipais elaborados mediante procesos participativos: a Axenda urbana 2030, o Plan de mobilidade urbana e sostible e o Plan de accesibilidade universal.
O espazo público "é un dereito"
Os pregos foron redactados polos servizos técnicos municipais coa colaboración do COAG, en virtude do convenio asinado o 24/09/2024. Tamén participaron o arqueólogo Alejandro Parga Castro e o enxeñeiro Fernando Nebot.
O presidente da delegación do colexio en Santiago, Ángel Cid, abriu o acto no COAG para explicar a participación do colexio no proceso de deseño e redacción dos pregos. A continuación, Fernando Nebot, o enxeñeiro experto en Mobilidade que prestou asesoramento no concurso, deu algunhas claves da súa colaboración, baseada na súa experiencia en procesos similares noutras cidades e no principio de que o espazo público "é un dereito", como o é a sanidade ou a educación. E cualificou de "valente, pero non imprudente, e necesario" este concurso.
Pola súa parte, o concelleiro compostelán de Urbanismo, Iago Lestegás, explicou os obxectivos do novo modelo urbano que defende este goberno: mellorar o día a día das persoas que viven, traballan, estudan ou visitan a cidade; garantir a sustentabilidade ambiental nun contexto de cambio climático; e coidar do espazo público conscientes do impacto no benestar das personas. Ademais, explicou unha das premisas xa convertida en lema do concurso: "acceder si, atravesar non".
Alén de resolver a cuestión da mobilidade, o concurso é máis ambicioso e pretende mellorar a xestión do ciclo da auga e dos servizos públicos, crear unha infraestrutura verde que contribúa á sostibilidade urbana e reflexionar sobre os materiais e solucións construtivas que se empreguen. "A mobilidade é un uso máis do espazo público. É unha función moi importante, mais non a única. Non podemos esquecer o resto de usos que se se desenvolven no espazo común da cidade. Debemos recuperar a multifuncionalidade das rúas e prazas".
O concurso desenvolverase en dúas fases. A primeira, cunha duración de dous meses, é unha fase aberta a todos os equipos que cumpran os requisitos de solvencia técnica e económica establecidos nos pregos, que deberán presentar unha proposta técnica inicial. Desas propostas, o xurado elixirá as 5 que mellor respondan ao enunciado do concurso. Eses 5 equipos serán convidados a unha segunda fase en que desenvolverán o traballo ata o nivel de anteproxecto. Finalmente, o xurado elixirá a proposta gañadora.
- El regreso navideño más esperado en Santiago: un festival urbano con feria, foodtrucks, conciertos y más sorpresas
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- La USC confirma todas las candidaturas a rectora excepto la de Alba Nogueira: "É unha cuestión formalista"
- La Guardia Civil localiza 3.000 plantas de marihuana en Ames: la mayor plantación desmantelada este año en Galicia
- Nueva jornada de huelga de los autobuses urbanos de Santiago: consulta los servicios mínimos
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Raxoi evalúa el proyecto para el nuevo barrio de Mallou y ve «cosas a mejorar»
- El desaparecido en Muxía vino a Costa da Morte a depositar en el mar las cenizas de su esposa