Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O galego que atravesa as fronteiras idiomáticas

Moitos migrantes elixiron Galicia como fogar. Algúns deles non falan español como lingua nai e decidiron aprender galego para poder integrarse á sociedade ou simplemente para opositar e buscar un futuro mellor. Alumnos e profesores de galego das Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia comentan cales son os retos á hora de aprender a nosa lingua

Alumnos dun curso da Escola Oficial de Idiomas da Coruña

Alumnos dun curso da Escola Oficial de Idiomas da Coruña / Casteleiro / Roller Agencia

Santiago

Galicia converteuse en refuxio de moitos migrantes. Algúns deles non teñen como lingua nai o español e decidiron penetrarse na tarefa de aprender galego. As súas limitacións poden ser moitas pero as súas ganas de integrarse socialmente son as que os levan a aprender un novo idioma, moi diferente ao que coñecen.

O profesor de galego da Escola de Idiomas da Coruña, David Paz Lafuente, comenta que os alumnos que non teñen o español como lingua nai non adoita ser o perfil máis común de ver nos cursos de galego. «Xeralmente son alumnos que empezan no nivel máis baixo, que é o A2. Non van con présa. En dous ou tres anos chegan a niveis intermedios, como B2 ou C1», explica Paz. Segundo o profesor de galego, o perfil destes alumnos ten certas limitacións «porque as súas linguas nais -que moitas veces son as eslavas- non se parecen en nada ao galego» pero, ao falar moitas linguas, teñen progresos rápidos.

Ese é o caso de Svetoslava Petkova Nacheva, búlgara de nacemento pero galega por elección, que fala seis idiomas. Leva máis de 19 anos vivindo en Galicia e outros dous falando diariamente en galego. «Unha amiga díxome que sería boa idea opositar. Comecei a informarme e dixéronme que eran necesarias as titulacións de galego e de español. Como español xa falaba, dixen vou estudar galego», así comezou a súa historia co galego. Petkova tivo que esperar varios meses para poder anotarse ao curso inicial de A2. Pero un día antes de que comezasen as clases deuse conta que cambiaran o nivel a un C1, un intermedio. «Chamei e preguntei. Dixéronme que me apuntara igualmente», sinala Petkova.

Svetoslava Petkova Nacheva, alumna de galego

Svetoslava Petkova Nacheva, alumna de galego / Cedida

En febreiro do ano pasado Petkova comezou a súa viaxe no nivel máis alto de galego, sen saber unha palabra do idioma. «Cando terminou o curso decidín render o Celga 4, pero suspendín pola pronuncia. Ao vir dun país que se sesea, cústame moito a pronuncia», asevera a búlgara. Petkova explica que empezou estudando o idioma porque o necesitaba para as oposicións, pero que lle terminou gustando tanto que o usa no día a día. «Nun momento da miña vida dixen: ‘vou falar galego porque se non o falo, nunca o vou a aprender’», sinala.

Salvatore Pinna é italiano e comezou a estudar galego para poder integrarse e buscar un futuro laboral mellor. Chegou a Galicia no 2019 e vive na Coruña dende o 2021. Comezou fai catro anos co Celga 3 e un ano despois pasou ao Celga 4. Dende o ano pasado está a estudar para sacarse a certificación C2, a máis alta en calquera idioma. «Durante as clases tiven desvantaxes en canto ao vocabulario, por exemplo cos nomes de certas plantas ou animales», comenta. A Pinna gustaríalle poder falar máis galego na súa vida cotidiá, pero como explica «A Coruña non é unha cidade moi galegofaltante».

Salvatore Pinna, estudante de galego

Salvatore Pinna, estudante de galego / Cedida

Isabelle Kerdudo é profesora de francés na Escola de Idiomas de Santiago de Compostela. A súa lingua nai é o francés pero no día a día fala galego. Chegou a Galicia no ano 1992 dende a súa Bretaña natal, en Francia. Na súa terra estudaba Hispánicas na Universidade de Ren e un profesor que tiña, que coñececía Galicia, comentoulle acerca duns cursos de galego para estranxeiros. Ese foi o seu primeiro contacto co idioma.

Isabelle Kerdudo, profesor de francés

Isabelle Kerdudo, profesora de francés / Cedida

Finalmente, no ano 1992, Kerdudo instalouse en Galicia coa súa familia, definitivamente. Estudar galego no foi difícil. «Como tiña clases de gramática e de lingua para teoría, logo, a nivel da rúa, onde practicas realmente, iba aprendendo, adquirindo as competencias de producción oral», comenta a francesa. Para Kerdudo hai dúas palabras clave que describen aprender galego: «inmersión e motivación».

Tracking Pixel Contents