Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Celefacción

Aluminios Cabeal, máis de 18 anos satisfacendo clientes

A empresa é especialista na fabricación, colocación e mantemento de peches de todo tipo e de estruturas deste material

Sede principal de Aluminio Cabeal, no Polígono do Tambre (Santiago). | CEDIDA

Sede principal de Aluminio Cabeal, no Polígono do Tambre (Santiago). | CEDIDA

Iago rodríguez

Santiago

Con máis de 18 anos de experiencia traballando na obra pública e privada de Galicia, Aluminios Cabeal preséntase como unha das potencias da comunidade se buscas darlle un novo aspecto ou rexuvenecer o teu fogar ou oficina con materiais de calidade.

Especializados na fabricación, colocación e mantemento de todo tipo de peches e estruturas de aluminio en xeral, son expertos na instalación de xanelas, portas fixas, corredeiras e abatibles, mamparas de baño e ducha, portas automáticas, portais exteriores e peches de fincas e mesmo fachadas cubertas e muros cortina. Ademais, ofrecen unha ampla variedade de cortinas, estores e outras solucións de control solar adaptadas tanto para o fogar como para proxectos Contract.

Entre o seu equipo contan cun amplo persoal de profesionais altamente cualificados e capacitados para calquera encargo de particulares, empresas ou entidades. E non só iso: tamén colaboran con aparelladores, albaneis, electricistas e fontaneiros para garantir un servizo do máis alto nivel. Para a empresa, a esmerada dedicación que brindan a cada un dos seus clientes constitúe o seu valor diferencial.

En Aluminios Cabeal son conscientes de que cada persoa ten a súa propia forma de xestionar os seus gastos. Por iso, adáptanse a cada necesidade e circunstancia ofrecendo aos seus clientes a maior facilidade de pago posible, con financiamentos a prazos e sen xuros.

As persoas interesadas en solicitar un orzamento poden facelo enviando un correo electrónico a info@cabeal.es, chamando ao número de teléfono 981 936 350 ou visitando a súa sede no Polígono do Tambre (Santiago).

Especial Calefacción 2025

Especial Calefacción 2025

Especial Calefacción 2025

Distribuidora dun dos grandes fabricantes de xanelas de Europa

Desde o ano 2016, a firma é Partner distribuidora oficial de Finstral, empresa familiar do Südtirol e un dos fabricantes de xanelas, portas de entrada e acristalamentos máis innovadores do continente europeo.

Tracking Pixel Contents