Calefacción
O Gas: un recurso vital nas casas, comercio e industria
Vivendas rurais, pisos e negocios empregan esta fonte de enerxía no seu día a día para tarefas básicas como quentar a auga ou cociñar

Unha instalación realizada por Socogas. | CEDIDA
Redacción
No mundo actual, onde a eficiencia enerxética e a versatilidade son clave, o gas destácase como un recurso indispensable nunha ampla gama de aplicacións. O gas é unha fonte esencial nos nosos fogares, permitindo a cocción dos alimentos, a subministración de auga quente sanitaria (AQS) e a climatización a través da calefacción e do aire acondicionado.

Transportes Unión Deza suma máis de 30 anos de experiencia distribuíndo gasóleo.
A súa dispoñibilidade garántese mediante a instalación de depósitos a granel, tanto a nivel individual como colectivo, en edificios, urbanizacións e poboacións.
Cabe destacar que no sector comercial o gas desempeña un papel fundamental na hostalaría, sendo vital nas cociñas e nos sistemas de climatización para habitacións, piscinas e spas. Por outra banda, na industria funciona como motor de numerosos procesos metalúrxicos, téxtiles e cerámicos.
Ademais, utilízase en lavanderías, escolas, pavillóns polideportivos, hospitais e residencias, proporcionando unha fonte de enerxía fiable e eficiente.
Por razóns como estas, é vital contratar empresas confiables como Socogas para xestionar un recurso tan importante como é o gas. Establecida tanto no sector doméstico como industrial (GLP, Gas Natural, GNL, Biogas, etc.), a firma reinvéntase cada vez máis para posicionarse como unha das dominantes do sector eléctrico, sobre todo fotovoltaico.
O seu amplo equipo de profesionais cualificados dedícase ao mantemento de quentadores, á realización de estudos, proxectos e instalacións fotovoltaicas, domésticas e industriais, así como á instalación de puntos de carga para automóbiles eléctricos, basicamente calquera tipo de instalación de gas natural, propano ou calefacción.
Ademais, en Socogas son conscientes de que cada cliente xestiona os seus gastos de forma diferente. Por iso, encargan calcular a tarifa de luz e gas máis axeitada para cada caso, só enviándolles a factura, facilitando así unha oferta personalizada nun máximo de vinte e catro horas.
Transportes Unión Deza
Soster un servizo áxil e responsable, sempre mantendo un trato próximo co cliente, son os piares fundamentais para posicionarse o mellor posible neste sector, e en Transportes Unión Deza levan traballando estes aspectos na súa filosofía desde hai moito tempo.
Con preto de 30 anos de experiencia no transporte, venda e distribución de gasóleo a domicilio, así como para automoción e agrícola, a firma, cuxa sede atópase na Estrada, distribúe gasóleo de primeira calidade e chega a practicamente toda a área das provincias de Pontevedra e A Coruña.
Dende a xerencia aseguran que «a pesares da implantación das novas fontes de enerxía calorífica, o gasóleo segue a manter o pulso e é unha das alternativas máis empregadas, sobre todo nos fogares do rural». Coa baixada de temperaturas aumentan notablemente os encargos, polo que aconsellan facer os pedidos con tempo.
Tembra
Outra empresa cuxo abano de servizos parece non ter fin é Tembra Instalaciones y Proyectos, quen se ocupan tanto de montaxes de baixa tensión, telecomunicacións, instalacións contra incendios e sistemas de videovixilancia, como de mantementos e reparacións en xeral de todo tipo de instalacións eléctricas.

Especial Calefacción 2025
Especial Calefacción 2025- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Vuelca un coche en la AG-56 a la salida de la autopista en Santiago
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre