Tapéate en Ferrol
¿Doce ou salgado? Ferrol pon a proba as súas mellores tapas
O evento gastronómico Tapéate, que rematará o vindeiro día 23, busca enxalzar a calidade dos locais hosteleiros da comarca

O restaurante Boss participa coa súa proposta ‘Brocheta Salvaje’ | CEDIDAS
Iago Rodríguez
A veciñanza de Ferrolterra converteuse estes días en comensal profesional coa chegada dun dos evento gastronómicos máis esperados na comarca: Tapéate, que comezou este xoves e non rematará ata o vindeiro día 23.

O restaurante Castilla 75 do Gran Hotel de Ferrol oferta a tapa ‘Galicia cristalizada’.
Esta actividade consiste nun certame no que vinte e catro establecementos hostaleiros locais elaboran unha tapa doce ou salgada (cun prezo de tres euros) para o gusto dos asistentes durante os servizos de comidas ou ceas, os cales someten a votación a súa calidade.
Así mesmo, un xurado de tres membros composto por expertos gastronómicos propostos pola Asociación de Empresarios de Hostalaría valorará pola súa parte as preparacións máis exquisitas dacordo a catro criterios culinarios: presentación, elaboración, degustación e uso de produtos autóctonos.
Os negocios inscritos son: Mesón Picasso, A Pousada da Galiza Imaxinaria, 7Vidas, Taberna Ábaco, Castilla 75, Tasca da Vella, Parador de Ferrol, El 21 Café, Hotel Valencia, Josefa’s, El Jardín, Rexouba, Boss, An Strat, El Congreso, Bacelo, A Canfurnada, Sinxelo, Tortillería Don Gil, A Maruxaina, Cafetería Miramar, Bodega Estrella, Café Vanessa e Café Sevilla.
A iniciativa está promovida pola Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol en colaboración coa Asociación de Empresarios de Hostalaría de Ferrol e Comarcas e o Concello ferrolán.
O obxectivo principal é dar a coñecer a riqueza gastronómica local e as distintas propostas entre cidadáns e visitantes, así como contribuír á actividade da urbe naval.
Os negocios que preparen as tapas mellor valoradas polos profesionais poderán optar a tres premios por importe de 500,400 e 300 euros. Ademais, haberá un galardón especial valorado en 300 euros para o local que cree a tapa máis votada polo público, que terá que consumir polo menos catro para participar e depositar nas urnas habilitadas nos establecementos inscritos unha tarxeta co nome da súa preferida.
Tapéate tamén traerá sorpresas, posto que o día 27 de novembro organizarase un sorteo de dúas ceas de 100 euros nalgún dos bares ou restaurantes participante entre os consumidores.
A concelleira de Turismo, Maica García, animou a veciños e turistas a visitar as rúas ferrolás nestas datas: «O evento ten máis nivel con cada ano que pasa. Todo o mundo debería vir ao concello de Ferrol se o que quere é gozar dunhas boas tapas feitas con produtos de proximidade».
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- El ensanche norte de Santiago obligará a desdoblar la Avenida de Asturias ante el incremento del tráfico
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Investigan a una vecina de Santiago por tener a cuatro simpapeles sin cobrar y viviendo en condiciones 'deplorables
- Aterrizan en Santiago las fresas con chocolate 'más famosas y virales del mundo