‘Andares’, un percorrido pola Galicia que preocupa a Luís Celeiro
A nova obra do xornalista natural de Samos (Lugo) recolle un total de 166 artigos de opinión de temas de gran interese na nosa comunidade

Luís Celeiro, coa súa obra ‘Andares’ / Antonio Hernández

«Unha escolma de artigos de opinión e interpretación sobre un tema de actualidade ou suposta importancia para os lectores sobre feitos que acontecen en Galicia ou que teñen relación coa nosa terra, coas súas xentes, coa nosa cultura e coa vida diaria», así resume o xornalista Luís Celeiro (Samos, 1955) a súa nova obra, Andares, que está dirixida «a todas as persoas que escoitan, a todas as persoas que falan e a todas as persoas que calan».
Un traballo no que Celeiro achega un total de 166 artigos de opinión escritos entre agosto de 2015 e 2025 —publicados na súa maioría en EL CORREO GALLEGO baixo o epígrafe da Tía Manuela— escollidos polo cantautor e profesor de Lingua e Literatura Jei Noguerol e divididos en nove capítulos diferentes —Co lume nas costas, Cadaquén no seu camiño, O (des)valor da palabra, Ciencia e saúde. Vaiche boa!, O can terá a palabra, Cando non queda ninguén, Para orgullo de nós, A memoria vai e vén e Música e palabras— onde o Camiño de Santiago tamén ten o seu protagonismo. «É un tema que me apaixona. Son dun dos primeiros pobos do mundo vinculados ao Camiño de Santiago, tamén traballei no Xacobeo a comezos dos 90 e o Camiño de Santiago é un sustento económico moi importante para Galicia, non é só unha cuestión de carácter espiritual», destaca Celeiro dunha das diversas temáticas de Andares, as cales úneas, segundo o propio autor, «ese afán da Tía Manuela —personaxe creada por Celeiro que simboliza ese persoa fiable de todas as aldeas que dí as cousas como ela as vé desde unha mirada honesta— de empregar como fonte de coñecemento o sentido común. Son artigos cunha certa carga reivindicativa e de carácter moi social que defenden o propio, a nosa terra e a nosa xente e que da voz aos que o necesitan. Tamén procuran que abramos os ollos frente a desfeita que está ocurrindo na Galicia de hoxe, unha desfeita moi difícil de parar que é a despoboación do rural», sentencia Celeiro.
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Chisco Lema, veterinario experto en lobo: 'Hay manadas especializadas en cazar perros
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- Evitas el estrés del aparcamiento': el proyecto de dos vecinos de Milladoiro para compartir coche en los trayectos a Santiago
- Susto en la urbanización teense de Augas Mansas por un vecino atrincherado en casa
- La patronal acepta la mediación pero de momento la huelga de buses se mantiene en Santiago
- Borrasca 'Ingrid': ¿Nevará en Santiago de Compostela este viernes?