Igualdade Followers suma un ano máis ‘likes’ contra o machismo
Nuska Chousa, Sabela Cereijo, María Mera, Desirée Vila e Pablo Meixe participan nesta campaña que promove a igualdade nas redes

Pola esquerda, Nuska Chousa, María Méndez, Fabiola García, Sabela Cereijo e María Mera / Jesús Prieto
Co obxectivo de promover a igualdade de xénero e evitar a violencia machista nas redes sociais, a Xunta de Galicia e a Asociación de Periodistas de Galicia presentaron unha nova edición da campaña #IgualdadeFollowers. Dirixida especialmente á mocidade, esta campaña, a través dos vídeos que publican varios influencers galegos, traslada aos máis novos a loita pola igualdade nun terreo onde hoxe se constrúen opinións e comportamentos de todo tipo: as redes sociais. O fin é que a igualdade tamén marque tendencia.
No acto de presentación desta cadea de followers participaron e interviron tres dos creadores de contido que protagonizan a campaña: Nuska Chousa, que difunde temas relacionados co rural; Sabela Cereijo, cantante e compositora; e María Mera, actriz e presentadora. Xunto a eles participaron en #IgualdadeFollowers Desirée Vila, atleta paralímpica, e Pablo Meixe, cómico, mimo e clown.
María Méndez, presidenta da Asociación de Periodistas de Galicia, que presentou o acto xunto á conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, lembrou que se elixiron como canle as redes porque para chegar ás mozas e mozos «tíñamos que facelo cos seus propios códigos e mediante as plataformas coas que se veñen comunicando e informando». «Só nese espazo, e con creadores de contidos cos que se senten identificados, poden chegar a asumir a importancia que ten acadar a plena igualdade de dereitos e oportunidades».
Pola súa banda, Fabiola García incidiu na importancia que teñen as redes como altofalante se o seu uso é adecuado, xa que, «de non ser así», dixo, «pódese causar un dano inmenso». Por iso sinalou que un dos retos de futuro é, precisamente, combater as violencias e os delitos que se cometen na esfera dixital, algo que «desde a Xunta de Galicia nos preocupa e polo que creamos a primeira Lei de Violencia e Acoso Dixital».
Os influencers galegos que fixeron acto de presenza no acto puxeron de relevo a importancia de empregar as redes para chegar aos máis novos e lamentaron que certos discursos estean calando entre a mocidade.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- Del Benidorm Fest a la verbena gallega: El Combo Dominicano recupera a su estrella
- Una pasarela salvará la senda entre Milladoiro y la Intermodal de Santiago