Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Fillas de Cassandra, mellor videoclip no Festival de Cans 2026

O traballo audiovisual ‘Insolación’ levouse o galardón

María SOA recolle o premio no Festival de Cans.

María SOA recolle o premio no Festival de Cans. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Belén Bertonasco

Belén Bertonasco

Santiago

Fillas de Cassandra veñen de sumar un novo recoñecemento aos traballos audiovisuais que acompañan os seus sinxelos. Tras erixirse como gañadoras ao Mellor Videoclip con Hibernarse. O videofilme tanto nos Mestre Mateo coma nos Premios da Industria Musical de Galicia, o xurado do Festival de Cans vén de concluír que insolación é o traballo máis salientable dos presentados nesta edición.

María SOA recolle o premio

María SOA recolle o premio / Cedida

Insolación, dirixida polas propias María SOA e Sara Faro, canda Santi Iglesias e Sergio ‘Steel’, rodouse en Vigo no pasado mes de decembro. A peza acompaña o segundo avance do seu último álbum Tertúlia. Nesta canción, as Fillas de Cassandra manifestan con rotundidade a necesidade de que o diálogo se sitúe moito alén da palabra e que se escorregue a través do contacto físico, a danza, a suor e a éxtase colectiva. «Bailar ata o borde da insolación» é a proposta que as artistas lanzan ao público: queren trasladar a sensación de sufoco e liberación que permanece nunha mesma tras unha intensa xornada de danza coas amigas.

Insolación nace no final de «saír á fresca»: un encontro inesperado nunha parada de transporte público de Vigo do que agroman numerosas conversacións, e que deriva no inusual e festivo tránsito cara ao seguinte destino, cuxa parada final non é outra que Tertúlia, o novo álbum de Fillas de Cassandra publicado o pasado 24 de abril. A estrea do videoclip tivo lugar o 26 de febreiro diante de máis de 23.000 persoas no Estadio de Balaídos, durante a celebración do partido da Europa League entre o Real Club Celta de Vigo e o PAOK de Salónica.

Tracking Pixel Contents