Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Abanca estrea Apple Pay

Os usuarios de dispositivos de Apple finalmente poden empregalos para pagar con tarxetas de Abanca

Dende Abanca confirmaron hai uns meses que no mes de maio tiñan previsto que as súas tarxetas bancarias comezasen a operar a través de Apple Pay, pero non haberá que agardar ao mes que vén, e hoxe os principais bancos da rede Euro 6000 incorpóranse á plataforma de pagamentos móbiles de Apple, de xeito que os clientes de tarxetas de Abanca poden facer uso das mesmas a través de iPhone, iPad e Apple Watch. Cómpre salientar que falamos dos clientes particulares de Abanca, xa que Abanca Servicios Financieros aínda figura como unha entidade que incorporará Apple Pay en breve.
Dende a entidade bancaria aseguran que Apple Pay é «o pagamento máis efectivo sen efectivo», ao facilitar a realización de pagamentos electrónicos dun xeito moi áxil e sinxelo. Dende un iPhone podemos premer dúas veces no botón lateral e mirar a pantalla para empregar o Face ID para identificarnos e poder logo pagar achegando o móbil o terminal de pagamento; no caso de termos un smartphone con Touch ID chegaría con aproximar o móbil ao terminal de pagamento co dedo posto no sensor de pegadas dixitais; e no caso do Apple Watch o procedemento aínda sería máis áxil, e chegaría con premer dúas veces no botón lateral e achegar a pantalla do reloxo o terminal de venda.
Apple Pay tamén pode empregarse para realizar pagamentos en aplicacións móbiles (de aí que estea dispoñible para iPad) e incluso a través do navegador web Safari (confirmando os pagamentos coa identificación biométrica do teléfono se non contamos cun ordenador con Touch ID).

24 abr 2019 / 19:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito