Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

ANAFI, o novo dron de Parrot

Este novo dispositivo voador integra cámara 4K con HDR e pode encartarse para facilitar o seu transporte

Pese a que DJI está dominando o mercado dos drons de consumo, conseguindo innovacións incribles en dispositivos de formato compacto, iso non disuade a Parrot de manterse na loita e presentar a súa nova proposta,o dron ANAFI, que sairáá venda o 2 de xullo a un prezo de 699,90 eurose que busca chamar a atención coa súa cámara capaz de disparar fotografías de 21 Mpíxeles e gravar vídeo 4K con HDR, e o seu formato encartable, que fai que poida gardarse ocupando só 244 x 67 x 65 milímetros (facilitando o seu transporte, ao que tamén contribúe que só pese 320 gramos).
Este interesante dron véndese cun estoxo de transporte bastante compacto, unha tarxeta de memoria de 16 GB e 8 pas de hélices adicionais, así como co Parrot Skycontroller 3, mando que facilita o control deste dispositivo voador cunha autonomía de até 25 minutos, que pode manexarse até a 4 quilómetros de distancia co mencionado controlador e que pode voar en horizontal até a 50 quilómetros/hora.
O deseño de ANAFI permite que a súa cámara poida rotar verticalmente 180 graos, ou sexa, que pode permite gravar secuencias dende ángulos inéditos nun dispositivo deste tipo, ao que axuda que conte coa posibilidade de facer zoom de 2,8x sen perdas (permitindo así gravacións con calidade a distancias seguras) e conte cun estabilizador de imaxe de 3 eixes.
Para unha maior seguridade, o ANAFI permite definir un perímetro persoal (Géobarrière) para impedir que o dron saia dunha área designada, ten un sistema de regreso intelixente Smart RTH (para volver ao punto de partida se perde a conexión ou vai quedar sen batería) e tamén inclúe a función Find My Drone, coa que o trebello emite un asubío para facilitar a súa localización.
O seu control pode realizarse a través da aplicación móbil FreeFlight 6, que facilita o disparo de fotografías e a gravación de vídeo para compartir os contidos en YouTube e Facebook. Tamén permite a realización de tomas cinematográficas cos CineShots automáticos (con 4 opcións dispoñibles), inclúe opción paraselfiesdende o aire e facilita o cambio de velocidade dos vídeos gravados (de xeito que tanto podemos crear vídeos en cámara lenta como hyperlapses).
Dende Parrot tamén presumen de que ANAFI é o único dron do mercado capaz de facer de xeito automático o efecto de zoom Dolly outravelling compensado, co que o obxecto enfocado mantén tamaño e encadre mentres muda a perspectiva na que se ve o fondo, creando certa vertixe.

09 jun 2018 / 05:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito