El Correo Gallego

Tecnoloxía

Os Angry Birds chegan á realidade virtual

Angry Birds VR: Isle of Pigs permítenos xogar a Angry Birds en primeira persoa

MARCUS FERNÁNDEZ  | 08.02.2019 
A- A+

Os paxaros anoxados de Rovio protagonizaron unha chea de xogos móbiles nos últimos anos tocando unha grande variedade de xéneros, polo que non debería sorprendernos que Resolution Games estree Angry Birds VR: Isle of Pigs, unha aventura inmersiva en realidade virtual na que poderemos percorrer unha illa remota ateigada de porcos verdes aos que teremos que derrotar a través de máis de 50 niveis (que ampliaranse máis adiante).
Neste xogo haberá que percorrer os distintos enclaves para destruír do xeito máis espectacular posible as estruturas nas que se atopan os porcos verdes, para conseguir así as mellores puntuacións, ou sexa, que temos un Angry Birds moi tradicional, que basicamente muda de punto de vista, de xeito que agora manexaremos o tirapedras en primeira persoa.
O xogo está xa dispoñible na tenda dixital de Oculus, na de Vive e en Stream, esperándose que nos vindeiros meses chegue a algunha plataforma de VR máis.