El Correo Gallego

Tecnoloxía

Apple TV chega aos televisores de Samsung

Os Smart TV da marca Samsung estrean a aplicación oficial que facilita o acceso aos contidos audiovisuais comercializados por Apple

MARCUS FERNÁNDEZ  | 14.05.2019 
A- A+

A primeiros de ano Samsung sorprendeu ao anunciar que os seus Smart TV facilitarán o acceso aos contidos audiovisuais comercializados por Apple, así como soporte de AirPlay 2, e aínda que parecía razoable que estas prestacións chegarían de cara ao lanzamento de Apple TV+ despois do verán, Samsung sorprendeu anunciando que dende agora os seus televisores lanzados nos anos 2018 e 2019 contarán coa nova aplicación Apple TV en máis de 100 países e soporte para AirPlay 2 en 176 países, entres os que se atopa España.
A aplicación de Apple TV para televisores Samsung facilita o acceso a un catálogo de máis de 100.000 películas e programas de televisión dispoñibles en aluguer o compra, dos que boa parte dos contidos están dispoñibles en 4K con HDR, e no outono a aplicación tamén facilitará o acceso a Apple TV+.
Con AirPlay 2 tamén é posible ver no televisor vídeos e outros contidos achegados directamente dende un iPhone, iPad ou Mac.