El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

AS Computer reabre a súa tenda na Avda. Barcelona

O establecemento compostelán anóvase e celebra a reinauguración con sorteos e descontos

MARCUS FERNÁNDEZ  | 19.06.2018 
A- A+

Ao igual que en 2012 AS Computer reinaugurou a súa tenda en Santiago de Compostela, o Apple Premium Reseller sito na Avenida Barcelona nº 4 celebrará a súa festa de reapertura o vindeiro xoves ás 19:00 horas tras unha renovación completa das súas instalacións, para contar cun deseño renovado.
Durante a celebración da anovación da tenda realizaranse sorteos especiais de produtos de Apple e Beats, cheques agasallo en produtos e en cursos de formación, recibindo un agasallo seguro para as 10 primeiras persoas en entrar na tenda, mentres que as 200 primeiras persoas en visitar as novas instalacións tamén recibirán un obsequio conmemorativo.
A celebración da reapertura da tenda compostelá desta cadea presente en Galicia dende 1991 (aparte de Santiago de Compostela a marca tamén ten establecementos en Vigo e Ourense) non se limitará ao día 21, senón que até o día 23 AS Computer terá descontos especiais dun 10% en compras de ordenadores Mac e un 5% en compras de iPhone e iPad.