Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Asus plaxia a estética do iPhone X

O Asus ZenFone 5/5Z é o primeiro teléfono dun fabricante recoñecido que ousa copiar a pestana superior do iPhone X.

A compañía taiwanesa ASUSTeK parece ter perdido completamente o seu pudor, e presentou no pavillóns de Italia no Mobile World Congress un evento no que presentou a súa nova familia de móbiles ZenFone 5 que chaman poderosamente a atención por plaxiar descaradamente a estética do iPhone X de Apple, replicando case ao milímetro a súa característica pestana superior (ou notch). Nesta mesma dirección tamén inclúe unha aplicación de ZeniMoji, avatares animados que responden a expresións faciais e movementos da cabeza, para empregar en mensaxería instantánea, videoconferencias e retransmisións de vídeo en directo que claramente buscan imitar aos animoji de Apple.
A nova serie de teléfonos está encabezada polos ZenFone 5 e 5Z, terminais con pantalla Super IPS+ de 6,2 polgadas case sen marco (aproveitan o 90% da súa superficie frontal), dobre cámara e, como principal atractivo, un prezo que parte dos 479 euros (moito máis baratos que os terminais de Apple). O ZenFone 5Z estaría equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 845, até 8 GB de memoria RAM LPDDR4X e até 256 GB de almacenamento interno JFS2.1 ampliable mediante tarxetas microSD de até 2 TB, mentres que o ZenFone 5 básico conformaríase cun procesador Qualcomm Snapdragon 636, até 6 GB de RAM LPDDR4X e 64 GB de almacenamento interno eMCP ampliable mediante tarxetas microSD de até 2 TB.
Estes smartphones están equipados na súa parte traseira cun dobre sensor Sony IMX363 de 12 Mpíxeles con apertura f/1.8 e un tamaño de píxel de 1,4 micrómetros, mentres que a cámara frontal ten un sensor de 8 Mpíxeles con apertura f/2.0.
Tamén contan con dous altofalantes amplificados, dous micrófonos con redución de ruído, radio FM, Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0, NFC, lector traseiro de pegadas dixitais (aínda que tamén pode desbloquearse mediante recoñecemento facial) e batería de 3.300 mAh con carga rápida por USB-C.
Adicionalmente ASUSTeK tamén presentou un terminal máis económico, o ZenFone 5 Lite, que presume de 4 cámaras.

28 feb 2018 / 14:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito