El Correo Gallego

Tecnoloxía

DotEmu anuncia Windjammers 2

O clásico xogo de recreativas de 1994, Windjammers, terá secuela o ano que vén en PC e Nintendo Switch

MARCUS FERNÁNDEZ  | 20.08.2018 
A- A+

O recente anuncio de que o clásico Windjammers vaia estrear versión para Nintendo Switch no outono resulta ser unha xogada para revitalizar a marca, xa que Dotemu está a preparar o xogo Windjammers 2 para Nintendo Switch e PC, secuela que verá a luz en 2019 e que recuperará o espírito do xogo orixinal, gozando agora de gráficos en dúas dimensións debuxados a man.
Windjammers 2 contará con novas pistas e novos xogadores, así como novos ataques especiais e unha xogabilidade mellorada, permitindo botar partidas contra outros xogadores tanto en local como a través da Internet, de xeito que iría moito máis do que sería unha remasterización e sería unha auténtica secuela que ten como reto conseguir que se converta nun éxito do xogo competitivo en liña como foi o xogo orixinal no seu día nos salóns recreativos.