Miércoles 23.10.2019 Actualizado 20:47
Google    

El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

O Galaxy Note S quere revolucionar a informática portátil

O novo equipo de Samsung ten unha autonomía de até 23 horas (en reprodución de vídeo) e conectividade 4G

MARCUS FERNÁNDEZ  | 07.08.2019 
A- A+

Aínda que o prato forte da xornada foi a presentación dos Galaxy Note10 e Note10+, Samsung quixo aproveitar a ocasión para dar a coñecer o novo Galaxy Book S, un ordenador portátil e lixeiro que grazas á conectividade 4G e á longa duración da súa batería busca mudar o xeito de entender a mobilidade informática.
Este novo ordenador portátil está baseado en procesadores Qualcomm Snapdragon 8cx e funciona con Windows 10, combinación que pretende servir para que o usuario poida facer uso do seu equipo tanto no escritorio como en calquera outro lugar, sen ter que depender de conexións por cable ou Wi-Fi, grazas á banda larga móbil.
Este equipo cun marco de aluminio metalizado e anodizado pesa 0,96 quilogramos, ten unha pantalla táctil Full HD de 13,3 polgadas e con respecto ao anterior Galaxy Book 2 consegue mellorar o rendemento da CPU un 40% e o dos gráficos un 80%, polo que estamos ante un equipo que pese a ter un deseño sen ventiladores, pode gozar dun rendemento máis que suficiente para traballos de produtividade.
A súa batería achega unha autonomía de até 23 horas de reprodución de vídeo; integra altofalantes estéreo de AKG; é compatible coa aplicación Tu Teléfono de Windows 10 (para poder atender as notificacións do móbil dende o ordenador, entre outras cousas); e tamén permite iniciar sesión coa pegada dixital.
Chegará ao mercado no outono con 8 GB de RAM, 256/512 GB de SSD, lector de tarxetas microSD de até 1 TB, Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0, GPS e USB-C. A conectividade móbil 4G recíbea a través dunha tarxeta nano SIM.