Domingo 20.10.2019 Actualizado 00:18
Google    

El Correo Gallego

Tecnoloxía

O Huawei P Smart renóvase

A versión de 2019 do Huawei P Smart incorporará un notch reducido e sairá á venda o 15 de xaneiro

MARCUS FERNÁNDEZ  | 28.12.2018 
A- A+

Hai uns días filtrouse o que será un dos smartphones supervendas do ano que vén, o Huawei P Smart 2019, e agora confírmase que este teléfono chegará ao mercado español o 15 de xaneiro a un prezo de 249 euros, indo a parar parte dos ingresos xerados polo terminal á Fundación de Investigación CRIS Contra o Cancro.

O novo teléfono toma detalles de deseño dos seus irmáns maiores, de xeito que democratiza elementos de dispositivos de gamas superiores, como unha pestana superior de tamaño reducido (limítase a un círculo central ao redor da súa cámara frontal) que permite que a súa pantalla Full HD+ de 6,21 polgadas maximice o seu espazo na frontal do móbil; así como unha carcasa con acabado twilight (cor degradada que presentaban móbiles como o P20 Pro).

Afondando nas especificacións, o novo Huawei P Smart funciona cun procesador Kirin 710 de 8 núcleos, 3 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 512 GB), cámara traseira dual de 13 e 2 Mpíxeles, cámara frontal de 8 Mpíxeles, lector traseiro de pegadas dixitais, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.2, NFC, batería de 3.400 mAh e sistema operativo Android 9 coa capa de personalización EMUI 9.0.

Resulta un tanto raro comprobar que este smartphone limite a súa RAM a 3 GB e opte por un conector de carga micro USB (cando a súa batería agradecería conexión USB-C con carga rápida), dando a impresión de que fan tal para non erosionar as vendas de terminais superiores.