Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

LG consegue levar a autonomía dos seus ultraportátiles ás 24 horas

Os equipos LG Gram convértense en auténticos portátiles de referencia pola súa alta portabilidade e elegante deseño.

O ano pasado LG levou ao CES de Las Vegas unha versión do seu ultraportátil LG Gram quepresumía de ser o máis lixeiro do mundo con pantalla Full HD de 15,6 polgadasao contar cun peso de só 980 gramos, pero desta voltaa compañía surcoreana preferiu centrarse en mellorar a súa autonomía, que pasaría dunhas 7 horas a até 22-24 horas en función do tamaño de pantalla, sen que os modelos con esta batería de impresionante autonomía non dispare o peso dos equipos.
O novo LG Gram chegará ao mercado con pantallas de 13,3, 14 e 15,6 polgadas, con distintas configuracións de procesador e batería, de xeito que contarán con procesadores Intel Core de sétima xeración (entre i3 e i7), 4/8/16 GB de RAM (DDR4 a 2.133 MHz), paneis IPS Full HD, gráficas Intel HD Graphics 620, almacenamento SSD (180/256/512 GB), Wi-Fi AC, USC-C, USB 3.0 e saída HDMI.
Este equipos teñen uns prezos bastante axustados se temos en conta a súas elevadas prestacións e deseño compacto, partindo dun modelo con pantalla de 13,3 polgadas, procesador Intel Core i3, 8 GB de RAM, 256 GB de SSD, batería de 34 Wh e un peso de 830 gramos, que custará 1.360.000 wons (1.069 euros), mentres que a súa versión con batería de 60 Wh (que achegaría 24 horas de autonomía) custaría 1.420.000 wons (1.117 euros) o que fai que este equipo poida converterse en todo un supervendas.
O LG Gram mellor equipado sería o modelo con pantalla de 15,6 polgadas, procesador Intel Core i7, 16 GB de RAM, 512 GB de SSD e batería de 60 Wh (cunha autonomía de até 22 horas) e un peso de só 1.090 gramos (que pese a ser a única configuración deste equipos en superar o quilogramos, segue a ser moi lixeiro e compacto), que custaría 2.450.000 wons (1.927 euros), o que deixa ver o competitivos que son os prezos destes ordenadores portátiles que atenden á demanda do mercado e posiblemente sexan moi ben recibidos dentro do mercado corporativo.

04 ene 2017 / 01:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito