El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

LUMIX G90, unha cámara ideal para foto e vídeo en múltiples situacións

A nova cámara sen espello de Panasonic é lixeira, resistente e versátil, podendo disparar fotografías detalladas e gravar vídeo en 4K.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 05.04.2019 
A- A+

Panasonic anuncia que en xuño chegará ao mercado unha nova cámara LUMIX G90, deseñada para unha alta mobilidade e facilidade de uso, que xunto coa súa avanzada tecnoloxía busca ser ideal tanto para fotografías como para vídeo.
Esta nova cámara estará equipada cun sensor Digital Live MOS de 20,3 Mpíxeles, o último Venus Engine e un estabilizador de imaxe dual de 5 eixes; está preparada para gravar acción nunha ampla variedade de situacións diferentes, e o seu deseño busca a comodidade e o doado manexo a unha man. Conta con resistencia ao po e ás salpicaduras, incorpora un visor electrónico OLED de grande precisión e tamén unha pantalla traseira abatible de 3 polgadas para obter mellores composicións dende calquera ángulo.

A LUMIX G90 permite gravar vídeo en 4K e Full HD a distintas velocidades de fotogramas (permitido cámara lenta Full HD até a 120 imaxes por segundo) e tamén conta con tomas para micrófono externo e auriculares. A conectividade vese tamén enriquecida con Bluetooth e Wi-Fi, para poder transferir imaxes rapidamente. Tamén é interesante o feito de que poida cargarse mediante USB sen ter que extraer a súa batería.
Todas estas prestacións collen nun corpo de só 130,4 x 93,5 x 77,4 milímetros e 533 gramos de peso, de xeito que estamos ante unha cámara bastante compacta e lixeira que venderase nos EE.UU. a 1.199 dólares (o prezo europeo aínda non está confirmado).