Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mickey Mouse estréase como AR Emoji

Samsung chegou a un acordo con Disney para que os seus Galaxy S9 e S9+ poidan contar con Emojis de AR de Mickey e Minnie Mouse, e de personaxes de filmes como Zootrópolis ou Frozen.

Os smartphones Samsung Galaxy S9 e S9+ chegan hoxe ás tendas españolas, e aínda que son os teléfonos coa mellor pantalla do mercado que tamén poden presumir de seren líderes en cámaras, dende Samsung consideraron acompañar o lanzamento destes dispositivos cunha curiosa novidade para os mesmos que chame a atención dos consumidores: a estrea de AR Emojis de Mickey e Minnie Mouse, de xeito que sería a primeira vez que estes personaxes de Disney poden empregarse en realidade aumentada para ferramentas de comunicación e mensaxería. Tamén confirman que ao longo do ano irán incluíndo a personaxes doutras franquías da Disney como Los Increibles, Zootrópolis ou Frozen.
Aínda que os AR Emojis destacábanse inicialmente pola súa personalización baseándose na cara do usuario, o feito de poder empregar esta tecnoloxía con personaxes coñecidos pode resultar moi atractivo para usuarios que queiran compartir pequenos vídeos ou imaxes cos seus achegados ou a través das redes sociais tirando proveito de figuras recoñecidas, especialmente polos máis cativos, que reflectiran as expresións do usuario ao recoñecer a súa cara en tempo real.
Para poder acceder aos novos AR Emojis do S9 e o S9+ chega con acudir á aplicación de cámara dos móbiles, ir ao modo de disparo Emoji de AR, e seleccionar o do rato Mickey ou o de Minnie. No caso de non telo dispoñible, chegará con premer no botón de + para entrar na tenda de aplicacións na que irán aparecendo novos AR Emojis nos vindeiros meses.

16 mar 2018 / 12:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito